NoticiasSin categoría

Asemblea Catequistas Lugo

Benquerido irmán catequista:

Recibe esta invitación para que ti e os catequistas da parroquia participedes na Asemblea Diocesana de Catequistas.

Cregos e catequistas compartimos a misión de anunciar o evanxeo e de propoñer unha catequese renovada que facilite o proceso de maduración na fe.

Canto precisamos de catequistas que acompañen a nenos e adultos no camiño da fe, de catequistas que sexan servidores do amor de Deus no medio da comunidade, de catequistas que enriquezan e dinamicen a vida da comunidade!

 Co lema do curso catequético 23-24, “Catequistas para servir”, recóllese e recoñécese o servizo que desinteresadamente prestan todos os catequistas.

FECHA: Asemblea de Catequistas, o 18 de maio

LUGAR no Colexio FEC San Xosé de Lugo (Rúa Santiago, 2)

A xornada está programada como segue:

10.00 h Acollida.

10.30 h A creación fonte da catequese. Francisco J. Castro Miramontes

11.30 h A espiritualidade infantil. O método Godly Play. Anaís Ferreiro e responsables de Godly Play Galicia.

13.00 h Percorrido orante pola Catedral. Equipo do Departamento de Catequese de Lugo.

●   13.30 h Clausura.

.

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba