ActualidadNoticias

Retiro de Advento

O sábado 23 de Novembro estaba previsto o retiro de catequistas. Por varias razóns hai un cambio na axenda, pasando, como di no cartel, ao 30 de Novembro. O simple feito de que sexan varias as delegacións que nos unimos nunha xornada de forma conxunta xa é importante, ao camiñar e rezar xuntos, prepararnos para o Advento e para celebración do Nadal.

RETIRO DE ADVENTO

30 DE NOVEMBRO

O vindeiro 30 de novembro, as delegacións para o Laicado, Catequese, Pastoral Penitenciaria, Familia, Misións, o Departamento para a Causa dos Santos e Cáritas Diocesana organizamos un Retiro de Advento. Unha oportunidade para quen desexe vivir un momento de oración, reflexión e preparación espiritual cara ao Nadal.
Estás convidado/a!


O horario será o seguinte:

  • 10:00 Acollida
  • 10:30 Primeira disertación
  • Reflexión persoal
  • 12:45 Posta en común
  • 13:45 Hora tercia no mosteiro
  • 14:00 Xantar
  • 15:30 Segunda disertación
  • Reflexión persoal
  • 18:00 Posta en común
  • 18:45 Fin do retiro
  • 19:00 Vésperas no mosteiro


Para inscribirte, envíanos un correo a laicado@archicompostela.org ou chámanos ao 639938216 ou 639938213.

Se, ademais, queres quedar a comer no Mosteiro, deberás cubrir o seguinte cuestionario para reservar, xa que as prazas no comedor son limitadas.
Menú 15€ por persoa

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba