Noticias

No día das Letras Galegas promovemos as verbas da nosa fe en galego

Hoxe, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. E vímolo celebrando desde 1963.
O día non é casual, senón que coincide coa primeira publicación da obra de Rosalía Cantares Gallegos, tal día coma hoxe, pero de 1863. Cen anos despois, oficializouse a xornada e a primeira homenaxeada non podía ser outra que Rosalía de Castro. Dende entón, tal día coma hoxe, homenaxeamos de maneira especial a nosa lingua galega.

Desde as Delegacións de Catequese de Galicia, tamén intentamos por o noso gran de area a prol do galego. Así, temos a disposición:

  • A BIBLIA en galego, da editorial Sociedade Estudos, Publicacións e Traballos (SEPT), que xa conta cunha 4ª edición,
  • Tódolos materiais de catequese galego, para que os que así o desexen poidan utilizalos na nosa lingua.

Estamos convencidos de que a lingua galega serve para transmitir a fe e o evanxeo. Tanto para promover a cultura galega como para creala. Os nosos materiais, son un bonito exemplo do que é a inculturación da fe. Non se trata dunha adaptación á cultura galega, senón que é un camiño profundo, global, progresivo, porque trátase de que o Evanxeo penetre nas raíces dos galegos, das nosas vidas e do noso pobo. Como decía San Xoán Paulo II: «unha fe que non se fai cultura é unha fe que non foi plenamente acollida, nin enteiramente pensada, nin fielmente vivida». A fe purifica e revitaliza a cultura. A cultura enrique e purifica a fe. A fe enraizándose nunha cultura para asimilala e a vez para transformala. A cultura saca á luz a inagotable potencialidade da fe, evanxelizando na nosa lingua, empregándoa na catequese.

Estes son os textos publicados:

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba