Continúa aberto o prazo de inscrición da Peregrinación Diocesana de Catequistas a Roma para participar no Xubileu de Catequistas

No marco do Xubileu deste ano, a Delegación de Catequese da nosa diocese preparou unha peregrinación a Roma dirixida a todos os catequistas. Baixo o lema «Peregrinos da Esperanza», esta experiencia busca renovar o compromiso de fe e servizo de quen dedica o seu tempo e corazón á transmisión do Evanxeo.
A peregrinación: unha viaxe de fe e comunidade
Do 26 ao 28, os catequistas terán a posibilidade de unirse a esta peregrinación que incluirá visitas aos lugares máis significativos da fe cristiá en Roma. Ademais, participarán nunha audiencia especial co Papa Francisco, quen dirixirá unha mensaxe de alento e esperanza a todos os catequistas do mundo. O itinerario tamén incluirá momentos de reflexión, oración comunitaria e celebracións eucarísticas, creando un espazo ideal para o encontro con Deus e con outros catequistas que comparten a mesma misión.

Peregrinos de Esperanza: unha invitación para renovar o corazón
A esperanza é un agasallo precioso que os catequistas transmiten ás súas comunidades e, especialmente, ás novas xeracións. Este Xubileu convídanos a ser testemuñas dunha esperanza viva e contaxiosa, renovando o noso compromiso co anuncio do Reino de Deus. Unirse a esta peregrinación non é só unha oportunidade de viaxar, senón unha chamada a fortalecer a fe, compartir experiencias e regresar cun renovado entusiasmo pola catequese.
É unha viaxe que promete deixar pegadas profundas no corazón de cada participante. Fai que este Xubileu sexa inesquecible! Aínda que non se necesitan grandes palabras para motivar a qen xa teñen no seu corazón o lume da misión, esta é unha ocasión que merece ser vivida con intensidade. A peregrinación a Roma é unha invitación para vivir o Xubileu en plenitude, a camiñar xuntos como «Peregrinos da Esperanza» e a levar de volta ás nosas comunidades a alegría e a forza deste encontro con Deus.




