Actualidad

Testimonio de la Asamblea: “día de renovación do meu compromiso evanxelizador”

Unha bonita experiencia a que vivín o pasado sábado, día 3 en Santiago, na Asamblea de Catequistas da Diócese.
Sempre disfruto con estes encontros, que ata hai pouco, foron moi puntuais, debido a obrigas familiares. Significa moito para min compartir momentos con persoas afíns ás miñas creencias, a vivencia merece a pena, como catequista e como persoa creente.
O lema deste ano: “Portadores de auga viva”, resúmeo todo. Nós, como transmisores de fe, tamén necesitamos renovarnos e estas xuntanzas despertan inquietudes, motívannos e lémbrannos a Misión que se nos foi encomendada.
Dende a acollida ata a celebración da Eucarístia, sentínme como na casa, rodeada de xente con inquedanzas semellantes ás miñas, música axeitada, palabras profundas de persoas que viven o Evanxeo e nun marco incomparable, como é o Seminario Maior.
Sempre aprendo algo novo. Do Taller “Kerigma e catequese”, que foi ao que providencialmente, me tocou asistir, salín chea de enerxía positiva, reconfortada e animada. A monitora, unha relixiosa, un admirable exemplo de vivencia cristiana, dun xeito sinxelo e cercano, logrou sacar o mellor de nos. Foi emocionante e auténtico!
Foi unha longa xornada, pero a pesar do tempo chuvioso e frío, desprendíase unha calor humana que traspasaba os corazóns.Houbo tempo para todo… para a oración, para a reflexión, para escoitar, para expresar as nosas inquedanzas, para xantar e todo isto en comunidade. Unha gozada!
A organización moi correcta, os erros, si os houbo, nos os percibín, solo vin xente disposta a colaborar, poñendo o mellor de sí sempre cunha sonrisa.
Pero o máis importante para mín….foi un día donde tiven a Deus presente máis que nunca, foi un día de renovación do meu compromiso evanxelizador dende a miña tarefa de catequista.

O máis inesperado, a entrega dos diplomas aos veteranos e veteranas, un momento para min emocionante e grato. Dende logo para min, a tarefa de dar catequese aos nenos non é un sacrificio, é un privilexio, intento transmitirlles a miña fe da mellor forma que sei e con eles aprendo algo cada día, é unha lección de vida e non a cambiaría por nada.
Espero con ansia a vindeira Asamblea…..

Rita Oliveira(Santo Estevo de Tremoedo)

Si quieres, mándanos tu experiencia de cómo has vivido la Asamblea a catequese@archicompostela.gal

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba