Actualidad

Primeira reunión da «Rede de apoio de Godly Play» en Santiago

O pasado sábado día 26 xuntámonos de novo a REDE DE APOIO GODLY PLAY da Arquidiocese.

Presentamos a Parábola do Bo Pastor e compartimos un bo tempo preguntándonos sobre ela.
Seguimos despois o faladoiro cun bo cafeiño compartindo o estado dos proxectos Godly Play que están en marcha no noso entorno e falando sobre o calendario de reunións que temos en marcha.

Incluso tivemos un tempo para compartimos materiais que estamos elaborando. Gracias Ana.

A próxima reunión será o sábado 30 de novembro, de novo na Delegación de Catequese. Presentaremos a historia do Advento e como proposta de traballo faremos os materiais dela.
Podedes asistir a estes encontros tódolos practicantes de Godly Play e as persoas interesadas no método.
Calquera cousa non dubides en poñerte en contacto con nós.
www.godlyplay.es
www.catequesisdegalicia.com
www.facebook.com/GodlyPlaySpain/
anais.ferreiro@godlyplay.es
catequese@archicompostela.es

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba