Actualidad

CONCURSO DE CHRISTMAS DE INFANCIA MISIONEIRA

BASES

1.- CONVOCATORIA

Por mor da celebración da Xornada de Infancia Misioneira 2017, baixo o lema “Sígueme”,  Obras Misionales Pontificias  e o Secretariado de Infancia Misioneira convocan,  diante das festas do Nadal de este 2016, un concurso  de christmas, que recolla a visión dos nenos sobre o Nadal.

O concurso consiste no deseño dunha tarxeta con motivos do Nadal

Premiarase a orixinalidade e a beleza da mesma

2.- NORMAS

O concurso terá dúas fases: diocesana e estatal.- Poderán presentarse nenos  de entre 6 e 12 anos.- O tema dos christmas será o Nadal, terase en conta tamén o lema da Xornada da Infancia Misioneira: “Sígueme”.- Cada participante poderá presentar tan só un christma.- O debuxo realizarase nunha cartolina branca, tamaño cuartilla, evitando os deseños en relevo para facilitar a edición dos traballos premiados.- Poderán  utilizarse os materiais  de pintura ou debuxo que prefira o neno autor (lapis de cores, ceras, acuarela, témperas, etc..).- Nas tarxetas do Nadal farase constar: nome do participante, idade, dirección, e no seu caso, colexio ou freguesía na que participa.- Todos os christmas presentados no concurso diocesán poderán ser expostos na Delegación de Misións, así como na Dirección Nacional das Obras Misionales Pontificias.

3.- PRESENTACIÓN

O prazo do concurso comeza o 24 de outubro.- Os christmas  deben presentarse, na fase diocesán, na Delegación de Misións correspondente,  ata o día 20 de novembro. Farase o envío por correo postal a: (Obras Misionales Pontificias, Rúa da Acibechería, 21 – 15704 Santiago de Compostela).Sinalando no sobre “Concurso de christmas de Infancia Misioneira”.- Os orixinais deben presentarse sen dobrar, sendo recomendable realizar o debuxo nun tipo de papel algo groso.- Un xurado diocesán elixirá dous gañadores, que  teran dereito a participar na fase estatal.- As delegacións de Misións farán o envío dos dous christmas gañadores da primeira fase diocesán, por correo postal, á Dirección Nacional das OMP,  do 21 ao 27 de novembro, para  tomar parte na fase estatal.- Do 28 de novembro ao 4 de decembro, nesta fase estatal, un xurado composto por  cinco membros elixirá  o christma gañador do concurso, e,  tamén un segundo e terceiro premio; o veredicto darase a coñecer o día 5 de decembro de 2016.-O resultado da votación, na fase estatal, publicarase na páxina web das OMP (www.omp.es).

4.- PREMIOS

Todos os participantes na fase estatal recibirán  un diploma da Secretaría Xeral da Obra Pontificia da Infancia Misioneira

– O autor do christma gañador recibirá un ordenador portátil como premio

– O segundo e terceiro premio recibirán un libro electrónico

– O debuxo gañador poderá empregarse como felicitación das Obras Misionales Pontificias  deste Nadal 2016.

5.- CONDICIÓNS LEGAIS

A participación supón aceptar estas bases e a inapelable decisión do xurado.- Obras Misionales Pontificias reservase todos os dereitos sobre as obras presentadas para o seu posterior uso.- Os debuxos dos premiados non se devolverán, polo que  se recomenda aos autores quedar cunha copia.

omplogo

Publicaciones relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba