Noticias

Celebración e reparto da Luz da Paz de Belén en Galicia desde Santiago de Compostela

A Luz da Paz de Belén repartirase este ano para toda Galicia desde Santiago de Compostela o vindeiro sábado 17 de decembro. A cerimonia de entrega da luz da paz, que terá lugar na Igrexa de san Xoán Evanxelista de Vista Alegre (Rúa do Bispo Diego Peláez, 2, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña), comezará ás 16:15h.

Están convidados á cerimonia da repartición da luz todos os sacerdotes, catequistas, outros axentes de pastoral, familias e quen queira participar dunha das cerimonias máis entrañables do advento.

O diversos grupos de scouts que virán de diversas partes de Galicia reuniranse ás 10:30h no Centro xuvenil Don Bosco (Rúa de Belvís, 2, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña). Pola mañá farase un xogo pola cidade, se o tempo o permite, se non a xornada se desenrolará no propio centro. O xantar, que ten que levar cada participante, será ás 14:00h.

Á xornada da mañá poden asistir e participar nos xogos e demais actividades os mozos e mozas que participan nas catequeses parroquiais. Basta que traian a súa comida, e que se comunique a súa presenza ao seguinte correo: scoutsgalicia@scoutsgalicia.org.

Esperámosvos a todos.

Publicaciones relacionadas

Mira también
Cerrar
Botón volver arriba